Landa Medioambiente, resposta profesional ás demandas do mundo rural

Landa Medioambiente é unha empresa de enxeñaría medioambiental que xorde como resposta ás necesidades e esixencias profesionais do medio rural.
Á fronte está Diego Quintas Ramos, enxeñeiro técnico agrícola con cinco anos de experiencia traballando por conta allea que fai uns meses decidiu dar o salto e montar o seu propio negocio en Allariz. Xunto a el, un equipo conformado por enxeñeiros técnicos forestais, avogados, arquitectos técnicos e administrativos que tamén dispoñen de formación e experiencia no sector. “Damos solucións a calquera cuestión relacionada co medio rural e ambiental”, explícanos Diego Quintas. Un amplo abano de servizos que ten como destinatarios a comunidades de montes, asociacións, particulares, concellos ou explotacións agrícolas ou gandeiras. En particular, solucionan problemas catastrais, relacionados con expropiacións e con herdanzas, como partillas ou liquidación de impostos. Tamén realizan medicións e valoracións de parcelas, localización de propiedades, deseñan e manteñen xardíns e axudan a tramitar subvencións. Se está interesado, pode contactar con eles no 988 442 577 ou nas súas oficinas na rúa Emi-lia Pardo Bazán, 26 E, entrechan, de Allariz. Atenden ao público de luns a venres de 9 a 13:30 e de 16 a 19:30 horas.